Por Guido Maisuls
Traducción: GALIZA - ISRAEL
Tómome o atrevemento de dirixirme a ti, que por cuestións do destino és hoxe unha persoa moi importante pois estas guiando á nación máis poderosa da Terra, sendo eu un sinxelo cidadán israelí que retornei para vivir na terra dos meus devanceiros e non teño mais poder ante o mundo que estas simples e sentidas palabras. Fiquei realmente asombrado do teu grandioso e formidábel discurso ante todas as nacións árabes e islámicas da Terra, foi emocionante escoitar desde a cidade dos aromas, desde ese Cairo, tan próximo ao lugar onde viviu e morreu o noso grande mestre Maimonides quen iluminou ao mundo daquela época de maneira tal que aínda hoxe perdura.
.
Tiveches a grandeza, como o primeiro presidente estadounidense que se atreveu a dirixirse ao mundo islámico de igual a igual, como un máis deles: "Salam aleicum," Eu son como vostedes, eu coñezo a vosa dor pois eu entendo os seus rezos". O primeiro mandatario norteamericano irmanado ao Islam: "Aínda que eu son cristián, veño de xeracións e xeracións de islámicos, o meu pai era de Kenia e eu, de Indonesia, onde fun criado segundo os valores do Islam e logo, ao emigrar a EEUU, vivín en Chicago, entre musulmáns, por iso podo prometer algo: NUNCA MAIS EEUU ESTARA CONTRA O ISLAM". Agradézoche de corazón que reafirmes os fortes lazos de América con Israel, eses vínculos históricos e culturais irrompibles baseados nas nosas aspiracións de afirmar a nosa patria que realmente non foi fundada no Holocausto como erradamente afirmas, pois nós non nacemos do Holocausto, só sufrímolo que de por se é algo terríbel.
.
Nós nacemos, vivimos e realizámonos como nación hai máis 3.300 anos atrás e moito antes que a presenza islámica nestas lendarias terras onde hoxe tentamos simplemente vivir e realizarnos como naquelas épocas bíblicas. Tiveches un xesto de recoñecemento e grandeza cara ao noso pobo ao recoñecer algo obvio, inocultable e evidente, que os xudeus fomos perseguidos durante séculos e que o antisemitismo en Europa culminou cunha acción sen precedentes como foi o Holocausto. Supoño que desta maneira pretendes abrandar ou enternecer a alma e o corazón dos inimigos actuais de Israel para que nun sincero acto de contricción, se arrepintan e volvan ao bo camiño dos xustos da humanidade. Agradezo moito a túa visita a Buchenwald, que foi parte dunha rede de campos de exterminio onde os xudeus foron escravizados, torturados, gaseados polo Terceiro Reich. Se os dirixentes islámicos do mundo te imitasen nisto, a nosa vida aquí en Israel seria moito máis fácil, por non dicir un paraíso. Afirmas que: "é innegable de que o pobo palestino sufriu na procura dunha patria por máis de 60 anos, que padeceron a dor desa luxación, que moitos esperan en campamentos de refuxiados na Ribeira Occidental, en Gaza e nas terras veciñas. Que esperan unha vida de paz e de seguridade que nunca puideron gozar. Soportan aldraxes diarios, pequenas e grandes, que proveñen da ocupación. Así que non caiba a menor dúbida: a situación para o pobo palestino é intolerábel" .
.
É necesario que saibas que o pobo palestino non existía hai sesenta anos, foi creado artificialmente en épocas posteriores polas nacións árabes mais radicalizadas como punta de lanza para expulsarnos aos israelís destas terras, como un corpo estraño que debe ser extirpado. Cos mitos do sufrimento dos pobres e deshederados refuxiados palestinos, o teu discurso coincide perigosamente co pensamento sadomasoquista de moitas organizacións islámicas. A túa expresión de: "Os "palestinos" veñen sufrindo xa mais de sesenta anos, a súa dor é similar ao dos xudeus, que sufriron o exterminio de seis millóns de inocentes no Holocausto". Seguramente pretendes ser unha persoa sabia e ilustrada pero: Non che parece esaxerado colocarte no tremendo pedestal divino de xuíz e evaluador dos sufrimentos dos seres humanos e facer horrorosas e desafortunadas comparacións que non achegan aos sufrientes, é peor, os separan e crean moitas mais discordia que a existentes? "Por iso é que os árabes deben estar en contra daqueles que desmenten o Holocausto, pois isto produce odio no corazón dos xudeus e xoga en contra das concesións que estes deben facer no proceso de paz".
.
As concesións que dis que debemos realizar os israelís no proceso de paz veñen facéndose desde hai décadas e a paz depende fundamentalmente do recoñecemento a Israel como Estado Nacional Xudeu e Democrático que extrañamente os pobos islámicos se negan a realizar pois os seus obxectivos son outros, "vivir sen nós". "Israel debe entender que cando "destrúe" unha familia "palestina", esta destruíndo tamén a súa oportunidade para chegar á paz". Israel non ten como obxectivo destruír ningunha familia de ningún tipo, non busca nada máis aló que a lexitima seguridade dos seus cidadáns. Ti debes saber que para satanizarnoss xa existen outros moitos actores altamente especializados na devandita ciencia. A túa visión mesiánica da realidade fará que a túa e a da túa poderosa nación como o fora o outrora imperio romano queiran impor contra-natura unha nova orde; utilizando todo o voso diñeiro e o voso puño de ferro para forzar gobernos e pobos que deben entenderse naturalmente, espontaneamente e non pola imposición dunha forza bruta e mesiánica que só servirá para desatar máis tempestades, máis guerras e máis sufrimentos a árabes, xudeus e cristiáns por igual.
.
A túa visión mesiánica fará que Jerusalem, Judea e Samaria se convertan nunha nova Gaza; en novas, penosas e repetitivas experiencias que permitirán que estes territorios terminen irremediablemente dominados polos Hamas, polas Hezbollah e polos ayatollas iranianos. A túa visión mesiánica non te permite ver a realidade dos tan visibles e palpables plans nucleares da Republica Islámica de Irán, fas oídos xordos e ignoras que se aproximan tempos de morte e destrución para este Israel ao que lle esixes todo, ao que outorgaslle culpas de pobos sufrientes por causas completamente alleas e estrañas a nós. Abandona a túa autoimposta tarefa de salvar este sufriente mundo. Non és ningún Mesías e tampouco o Deus de Moisés, de Xesús ou de Mahoma, non és o iluminado das nacións aínda que ti e moitos así o crean; és simplemente un ser humano tan imperfecto coma min e como todos ao que quixera seguir chamando no futuro, o meu benquerido irmán Obama.
Guido Maisuls escribe desde Kiriat Bialik, Israel
Postado por Colectivo GZ-Israel às
GALIZA - ISRAEL
No hay comentarios:
Publicar un comentario